“Os Nunkis e obradorio creativo” na BPM de Vila de Cruces
O pasado 31 de maio un grupo de nenos e nenas pasaron unha tarde entretida escoitando o conto “Os Nunkis” uns seres máxicos e invisibles, este acompañouse de música en directo e transmitiulles valores moi importantes como son a escoita, o respecto, o traballo en grupo….
Para rematar realizaron un obradoiro creativo onde non faltou a música e tanto cativos como maiores expresaron a través do debuxo o que lle transmitiu o relato.







