Voando libres, con Os Carballiños en Vila de Cruces
O pasado venres 22 recibimos a visita de Manuel Solla do grupo Os Carballiños, con ” Voando libres”. Puidemos desfrutar dunha agradable sesión de contacontos combinada con maxia. Nela @s cativ@s aprenderon a través dos contos valores de igualdade e superación persoal para poder conseguir os seus soños. Participaron activamente, na sesión de maxia mesmo elaboraron un delicioso pastel que puideron degustar.
Séguenos