Un rato máxico na Biblioteca Municipal de Vila de Cruces
Sesión de contacontos “Un rato máxico” de O Calvorota, combinado con monicreques e divertidos números de maxia. Nenos e nenas participaron activamente.
Sesión de contacontos “Un rato máxico” de O Calvorota, combinado con monicreques e divertidos números de maxia. Nenos e nenas participaron activamente.
O pasado venres, 25 de setembro estivo en Vila de Cruces Esperanza Mara co contaconto “Xogando coa Música”
Contou a historia dunha soprano que non conseguía volver a cantar xa que nunha actuación un rapaz se rira dela e grazas a o polvo Neón e o peixe don Feixe que lle deron a solución, pasar un día coa serea Medea e a través de diversas actividades e cancións foi ensinando as distintas familias dos instrumentos musicais e foi recuperando a ilusión para rematar cantando coma unha gran soprano.
O venres 18 de setembro tivemos en Vila de Cruces a Gemola co Misterioso caso das tres flores…
Sesión de investigación con varias pistas que se foron resolvendo coa axuda da dectetive, combinado con música e divertidos bailes.
O pasado venres nenos e nenas puideron desfrutar de distintos trucos de maxía: convertiu papel en billetes, aros macizos que se unían e separaban, fixo levitar unha mesa etc. Todos eles fixeron a delicia dos máis cativos, os cales permaneceron atentos en todo momento.
Onte celebramos en Vila de Cruces o día da Biblioteca coa actuación do Mago Marco co espectáculo “Maxia para soñar”.
Sorprendeu a tódolos asistentes cos seus trucos de maxia, interactuou co público durante todo espectáculo facendo que se sentisen como verdadeiros protagonistas.
Os nenos e nenas de Vila de Cruces desfrutaron no día de onte dun espectáculo teatral moi divertido . Os Quinquilláns espertaron ó interés de nen@s por saber a orixe do sal na auga do mar.
Rematando cunha expedición ós fondos mariños, levándose consigo a tódolos participantes ó exterior onde se atoparon cun cabaliño de mar, unha raia, un peixe de cores…..
O pasado venres contamos coa presenza de Silvia Penide e César Centi.
Foi un concerto cantado e falado, unha viaxe que entrelazaba cancións de autores coñecidos acompañados de guitarra.
Foron conformando unha historia coa finalidade de destacar a importancia da palabra, do diálogo etc.
O día 21 de outubro chegou a Vila de Cruces o bibliotecario Renato para contarnos as súas aventuras, entre outras cousas quería atopar un agasallo de aniversario para un amigo especial e para esa misión axudouse do que tiña a man na súa Biblioteca , maxia, música, contos, seres fantásticos ..
Espectáculo participativo e con moi boa acollida.
O pasado 16 de setembro chegou a Biblioteca de Vila de Cruces Hermanager “Mago Deimi” co espectáculo ” A maxia está nos libros”
Durante unha hora desfrutamos dun número de maxia que animaba aos máis cativos á lectura. O número contou cunha chea de trucos nos que os nenos e tamén os maiores puideron participar como axudantes, foi un espectáculo de maxia variado, e divertido con toques de humor e moi interactivo. Os asistentes sairon satisfeitos.
O día 17 de xuño ás 18 h. na BPM de Vila de Cruces e dentro do programa de animación á lectura”Ler conta moito” tivemos a Micromina Teatro de Títeres ca obra “Vacacións no mar”. Conseguiu captar a atención dos cativos dende o primeiro momento.
Foi por tanto unha actividade dinámica e participativa, tarde divertida na que os cativos desfrutaron moito.
Séguenos