” O neno que quería ser mago” de Javier Muro na BPM de Vila de Cruces
Da man do mago Javier Muro chegou á biblioteca de Vila de Cruces o espectáculo ” O neno que quería ser mago”.
En formato de contacontos pero co valor engadido de estar ilustrado con maxia. Contounos a historia dun neno chamado Lolo que quería converterse en mago despois de ver un espectáculo de circo. As aventuras que lle ocorren son ilustradas en todo momento con efectos máxicos que abraiaron tanto ós cativos coma ós maiores con trucos con fins didácticos e onde se intenta despertar o interés pola lectura.
Resultou un gran éxito de asistencia e unha tarde moi divertida para todos.
Séguenos