“Iluminadoras” mugardesas con grande talento
A biblioteca de Mugardos descubriu o luns á tarde que a vila está chea de mulleres talentosas con moita creatividade! E foi no obradoiro “Iluminadoras”, da man de Natalia de MujerArt, no que, logo dunha primeira parte didáctica sobre a figura das iluminadoras medievais, levaron a cabo un obradoiro de modelado de arxila na que elaboraron cadanseu candeeiro. Unha actividade que orientamos a un público de +65 cun resultado máis que satisfactorio!







