Xela e o Dragón tragaverbas, na Biblioteca de Vilalonga
Esta tarde tivemos a visita de Títeres Cachirulo, que nos presentou a Dracus cús cús, un dragón moi simpático que está de aniversario, cumpre 6 anos. Nesta data tan sinalada, ocorre que ten que escupir lume por primeira vez, pero algo fallou, en lugar de lume o que Dracus cús cús bota pola súa boca, é auga. Desesperado pide axuda a súa amiga Xela, que lle busca un agocho nunha cova secreta. Ata alí, irán os seus compañeiros de clase, e descubrirán un personaxe malvado que vai tentar capturar a Dracus.. Pero xuntos conseguirán un final feliz.





