Circo na Biblioteca

Aproveitamos o bo tempo do comezo do verán para facer a actividade ó aire libre.
Congregarónse unhas oitenta persoas na Praza Aurelio Aguirre para desfrutar de Dani Blanco.
O espectáculo, moi dinámico, foi do agrado das familias.
Malabares empregando libros ou espadas, globoflexia ou tocar o acordeón en equilibio foron algunhas das propostas.
Sempre co humor, a narración oral e a improvisación como inspiración. E con voluntarios e voluntarias dispostas a botar unha man.





