Ciencias e malabares na programación cultural de verán de Caión!
No día de onte estivemos no baixo da Biblioteca de Caión, no Centro Sociocomunitario de Caión, cunha proposta educativa e inspiradora a un tempo. Ramón Gato convidounos nunha viaxe a través dos malabares, para coñecer os grandes nomes das persoas científicas do noso tempo. Newton, Pitágoras, Marie Curie ou Tales entre outros, foron algún dos nomes que tivemos a oportunidade de coñecer grazas ao convite de Ramón.
Unha proposta dinámica, divertida e didáctica a un tempo, na que nenas e nenos son partícipes. Unha aposta curiosa, interesante e inspiradora para a programación de verán de Caión!





