A maxia dos contos en Caión!
Na tarde de onte, estivemos co Mago da Boina, Daniela Ares, no Centro Sociocultural de Caión. Como o tempo non acompañaba tivemos un montón de cativada desfrutando do espectáculo.
Foi realmente inspirador atopar nos libros a maxia que nos conecta e que abraza a nosa diversidade para facernos parte dunha mesma cousa. Grazas a Dani pola súa dedicación, seguro que nos volveremos atopar!





