Olimpiada tecnolóxica en Irixoa
O padado día 5 de agosto 38 nenos/as realizaron a actividade Olimpiada tecnolóxica-Robótica creativa con Leader Dreams. Durante hora e media aprenderon de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica, con robots de “LEGO Mindstorms”, “LEGO Spike”, esferas intelixentes “Sphero Mini”, drons e outros dispositivos electrónicos. Os/as participantes divertironse co diferentes retos: carreira de robots, composición de melodías, lásertag, etc.





