A maxia chegou ao Pedrouzo!
No día de hoxe tivemos o pracer de acoller no auditorio da Casa da Cultura Luis Seoane o espectáculo “A maxia dos libros”, no que Nami e O Mago da Boina deron vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Foi unha fantástica experiencia cómica, tanto para adultos como, especialmente, para nenos e nenas. A maxia fusionouse cos beneficios da lectura para facernos pasar un tempo entretido e moi divertido co que gozar da maxia e, á vez, fomentar o hábito lector entre os máis pequenos.








