Amodiño e con boa letra
No día de onte tivemos na Casa da Cultura Luis Seoane do Pino toda unha experiencia de Lettering. O obradoiro creativo “Debuxar Letras” introduciu aos nenos e nenas durante dúas horas nas pequenas e minuciosas artes da rotulación. Non só crearon letras segundo as tipografías, senón que tamén debuxaron libremente e serviu como unha actividade que favoreceu a concentración e a relaxación.







