ÉXITO DE TEATRO GHAZAFELHOS EN XOVE.
Arranca a programación das festas patronais de Xove na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme.
Hoxe mércores ás 12 da mañá tivo lugar na praza anexa á biblioteca municipal a actuación do grupo de teatro Ghazafelhos coa obra “Contos de lobo” (Ler Conta Moito).
Foron moitos os nenos e nenas e tamén maiores os que se acercaron a desfrutar da obra, quedando encantados coa representación.







