CAXOTO (A Trastenda dos Contos): “Grandes Éxitos 2004-2024. Cantar e Contar”.
O gran contador de contos Caxoto visitounos o pasado sábado, 5 de outubro de 2024, e relatounos os seus contos , cantigas e xogos para celebrar con todos nós os 20 anos dalgúns dos seus maiores éxitos centrándose na parte máis musical para facer un espectáculo participativo e cheo de historias e cantos.
Unha tarde leda e en familia!!!
Grazas Caxoto, ata outra.





