A MAXIA DA BIBLIOTECA
Actividade interxeracional de animación á lectura
O 1 de outubro conmemorouse o Día Internacional das Persoas Maiores! A Biblioteca achegouse ao Centro de Día cunha marabillosa actividade de animación á lectura, enmarcada no programa “LerConta Moito”, promovido pola Xunta de Galicia e o Concello.
A xornada reuniu a persoas usuarias do Centro e a alumnado dos colexios, e a acollida foi fantástica!
A Maga Leo Leíño, co seu espectáculo “Habelas Hainas”, demostrou que a maxia, o humor e os contos non entenden de barreiras xeracionais.






