Eduvía na ALM de Berdeogas (Dumbría)
A pasada semana visitaba a nosa biblio Eduvía, coa actividade Contamos en igualdade.
A través de diferentes historias, realizouse unha actividade que leva aos asistentes a analizar moitos estereotipos actuais e os diferentes roles que se desempeñan na nosa sociedade en función do xénero.
Conleva unha reflexión sobre a necesidade de mudar cousas do día a día nas familias.
As persoas asistentes, a través deste contacontos, coñece novos libros que tratan esta temática da igualdade.





