Leader Dreams na ALM de Olveira (Dumbría)
Olimpíada tecnolóxica – Robótica creativa encantoulles aos que tiveron a sorte de poder desfrutala na nosa biblio.
A olimpíada tecnolóxica foi todo un descubrimento para a rapazada participante.
Moitos dos nenos e nenas partían cun coñecemento básico sobre robótica e programación, pero para outros era a primeira experiencia.
A actividade adaptouse perfectamente a todos os niveis.





