Contacontos sensorial
O venres 19 de outubro visitounos Patricia de Eduvia coa que puidemos gozar do seu marabilloso Contacontos sensorial. Tanto a cativada como as nais e os pais participaron animadamente e pasamos un momento divertido e máxico.
Moitas grazas a Patricia, coa que aprendemos un montón de “trucos” para facer na casa coas nosas e os nosos peques lecturas cheas de sensacións.






