DÍA DAS BIBLIOTECAS NA BPM DE QUIROGA


O pasado día 23 conmemoramos o Día das Bibliotecas en Quiroga, para iso contamos con Xabier Blanco da Fundación Legar e o seu espectáculo “Literatura afinada” . Moi importante foi a colaboración do IES de Quiroga que fixo posible a participación do alumnado do centro.
Interesante actividade de divulgación literaria e musical que se desenvolveu de xeito ameno e participativo. Sempre é un pracer traballar coa Fundación Legar pola súa profesionalidade.




