Robótica na biblioteca Antón Zapata de Laxe
Trala chegada dos monitores, a actividade procurou achegar aos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os e as participantes puideron fabricar o seu propio robot e levalo para a casa.





