AS PERIPECIAS DE XURXO EN ROIS
O 23 de abril a personaxe de Xurxo trouxo a Rois unha divertida e emotiva velada, a través das súas vivencias na escola de señoras e señores na que sufriu situacións moi duras de acoso escolar que foron convintemente resoltas e que chegaron moi fondo ao público asistente. Esta historia foi o pretexto para contar a historia de Rufus, un morcego que case perde a vida por simplemente ser diferente.

A contada supuxo unha moi fermosa reflexión tanto para os nenos e nenas como para as familias, sobre o respecto á diferenza, tratada de forma moi vivencial e delicada. Grazas Malasombra Teatro por facer desta celebración do Día do libro unha velada tan especial!





