Estarcido na Biblioteca Agra de Campos de Carballo
Actividade destinada a adultos co obxectivo de traballar a estimulación cognitiva. Os participantes partiron recortando unha imaxe sobre unha cartulina na que o debuxo aparece como un espazo aberto con zonas sólidas orredor. Unha vez feita a plantilla aplicada sobre un papel aplicóuselle á pintura sobre toda a superficie. O resultado foron bonitos e delicados debuxos nos que existiu moita diversidade e diferentes niveis de acabados. Momento distendido e moi satisfactorio paratodos os participantes.





