Obradoiro MADERACOS na BPM María Magdalena
Na BPM María Magdalena seguimos a festexar o día do libro dun xeito moi especial!
No obradoiro Maderacos demos vida a anacos de madeira, transformándoos en figuras únicas e cheas de maxia.
Primeiro puxemos a imaxinación a traballar xuntando pezas para crear formas sorprendentes e logo demos renda solta á creatividade coa pintura.
Foi unha mañá chea de cor e moita ilusión!





