Contacontos temático e obradoiro Día do Libro BPM María Magdalena
A biblioteca María Magdalena foi o escenario, no día do libro, dunha xornada moi especial, na que os nenos e nenas das escolas infantís do Municipio participaron nun contacontos e obradoiro creativo pensado para espertar o gusto pola lectura desde as primeiras idades.








A visita a biblioteca para festexar o “Día da Biblioteca” complementouse cun obradoiro creativo sobre reciclaxe desenvolvido pola compañía MOC MOC FANNY MEDIOAMBIENTE e titulado “Xogando a reciclar”. O taller profundizou en diferentes aspectos da reciclaxe, a igualdade, e a inclusión ; todo elo en clave de humor e a través dun espectáculo divertido e participativo para o público, que perseguía tamén o obxetivo de fomentar o coidado do medio ambiente a través da reducción e/ ou reutilización de residuos.









Séguenos