Unha boa forma de festexar o Día das Letras Galegas cos nenos/as de 4 a 12 anos foi visitar o sábado 10 de maio a biblioteca de Mos e alí xogar a crear unha paisaxe collage descubrindo a poesía “Esmeralda” de Diaz Castro. Cortamos, pegamos e pintamos versos en galego, euskera, aranés, filandés…

Para rematar coa celebración do “Día do Libro” contamos coa presenza, nas instalacións da Biblioteca Pública de Mos, de Elena Mª Carracedo a cal ofreceunos o obradoiro Marcapáxinas-lupa. Baseado na obra “O Quixote” os nen@s de 6 a 12 anos leron, actuaron e crearon un orixinal marcapáxinas.

Carmen Domech visitou a Biblioteca Pública de Mos o pasado 27 de abril coa obra Contacontos de libros contentos. Os nenos e nenas de Mos quedaron fascinados cos libros que, nunha maleta viaxaron de acá para alá contando cada un a súa historia.

O pasado 18 de maio os nenos e nenas de Mos xunto coa compañía Matapiollos e grazas a “Mario” viaxaron por todo o mundo sen moverse da Biblioteca.


Séguenos