Cantareiras
Chegaron Polo Correo do Vento a Maruxa e Coralia.

Quique lembrou ás cantareiras homenaxeadas polo día das Letras Galegas. Rosa e Adolfina Casás, tía e sobriña de Cerceda. As pandereteiras de Mens, en Malpica, que eran cinco pero só pasaron dez anos do pasamento de tres delas. E tamén a Eva Castiñeira, de Muxía, que colleu sona acompañando a grupos folk como Milladoiro.
Mentres Alba convertía cousas humildes do fogar en instrumentos, como se facía antano. Así cantou acompañada dunha chave e unha tixola ou dunha lata, como aquelas de carburo, aceite e pimentón. Amosou unha pandeira, que triunfou en León, Asturias e no litoral de Lugo.
E Carlos, silandeiro, debuxaba a felicidade das cantareiras na sobremesa.
O espectáculo rematou co público tocando, catando e ó son das palmas con A saia de Carolina.





