Contos en construción na biblioteca de Vila de Cruces
O venres 23 de maio veu á biblioteca Sheila García e realizou o obradoiro creativo “Contos en construción”, que estaba basado no conto clásico dos tres porquiños. O obxectivo principal deste taller era fomentar a creatividade individual da rapazada mediante a elaboración de maquetas de casiñas empregando diversos materiais. Foi unha tarde divertida na que os cativ@s deixaron voar a súa imaxinación.
.





