“Contamos con sombras” con Violetta
As crianzas de Vilar de barrio desfrutaron hoxe, día 11 as 10 30h dun obradoiro educativo pensado para promover e dinamizar a lectura e a imaxinación mediante a arte do teatro de sombra.
A partir da lectura dun conto, aprenderon a construír diferentes monicreques(ou siluetas) de sombras (planos, articulados, coloreados).









