CIRCO NA BIBLIOTECA- DANI BLANCO
O 6 de agosto visitounos Dani Blanco co seu espectáculo Circo na Biblioteca.
A rapazada dos campamentos quedou abraiada cos malabares e equilibros deste gran artista.
Actividade con moito humor e moi dinámica, onde os nenos se sentiron parte dela coa súa participación.






