En Arzúa “Contar conta moito”
Fazulas e o ladrón de paraugas na B.P.M Rosalía de Castro de Arzúa
Mércores 20 de agosto.
Biblioteca Pública Municipal de Arzúa.
“De que cor é o vento?” Esta é unha pregunta que tentou obter reposta a través da historia do gato Fazulas, un gato persa que emprende unha aventura fantástica collido á empuñadura dun paraugas. Para darlle vida a este conto, visitou a biblioteca Fran Campos da compañía Bandullo Azul, acompañado de Fazulas que fixo as delicias dos máis novos e novas. Para dar un broche de ouro a esta xornada, os rapaces e rapazas, crearon xunto a Fran, unha canción como agasallo a tan distinguido gatiño.
Quedan aquí abaixo unha fotos que dan boa conta do bo ambiente do que se disfrutou este día.








