Carmen, A cantareira da aldea, visitou Vilar de Barrio
Este venres 22, Carmen a cantareira da aldea, ( Andamiaxe S.L) visitou Vilar de Barrio e divertiunos cun contacontos dunha nena que soña con viaxar polo mundo coa súa pandeireta. A través da música tradicional, Carme e os espectadores/as, participaron dunha aventura a través da música, os xogos e as cantigas!






