Escola de Dragons Donde viven los cuentos
Este pasado mércores 27 de Agosto, gracias a boa xente de Donde viven los cuentos, 33 rapaces e 9 adultos disfutaron do contacontos Escola de dragóns, un conto interactivo e participativo no que os nenos e nenas acompañan a Zog o seu paso pola Escola de Dragóns.

Todos xuntos aprenderon a comportarse como auténticos dragóns e a superar cada unha das probas plantexadas pola señorita Dragón. Polo camiño, coñecerá a unha rapaza que non quere ser princesa e que ten o soño de ser doutora, descubrindo a importancia de esforzarse para conseguir o que queren e de axudar os demais.




