Ritos e figuras mitolóxicas na biblioteca de Maceda
Biblioteca Pública Municipal de Maceda acolleu a divertida actividade “Ritos e figuras mitolóxicas”, pensada para achegar aos nenos e nenas o máxico mundo das lendas galegas.
A través de contos, xogos e dinámicas participativas, os pequenos descubriron personaxes mitolóxicos, costumes e tradicións cheas de encanto.
Foi unha xornada chea de aprendizaxe, imaxinación e diversión, coa que a biblioteca continúa a promover o gusto pola cultura e a nosa tradición






