Voces en conflito: entendendo os discursos de odio
Hoxe na Biblioteca de Maceda tivo lugar a actividade “Voces en conflito: entendendo os discursos de odio”, dentro do programa Ler Conta Moito. Foi unha sesión didáctica, dinámica e moi participativa, que buscou facer reflexionar ao público asistente —especialmente á mocidade— sobre como se xeran, difunden e normalizan os discursos de odio na sociedade actual.
A través de dinámicas de grupo, exemplos reais e ferramentas de análise crítica, traballouse sobre a importancia de identificar estes discursos e de fomentar actitudes baseadas na tolerancia, no respecto e na convivencia. A actividade resultou moi enriquecedora e adaptouse perfectamente ao contexto dunha biblioteca como espazo de encontro, formación e pensamento crítico.
Grazas a todas as persoas participantes e ao equipo que fixo posible esta xornada de aprendizaxe tan necesaria nestes tempos.





