Animaladas para celebrar o Día das Bibliotecas na Estrada
A Biblioteca Municipal da Estrada celebrou o Día das Bibliotecas acollendo a actuación Animaladas, de Teatro Calatrava. Durante o espectáculo, os nenos e nenas asistentes escoitaron, observaron, cantaron, brincaron, bailaron, reptaron e riron, entre outras cousas, pasando o días das bibiotecas entre contos, historias, humor, retos, música e moito máis!
 
  
 






