Obradoiro de bonecos de trapo en Berdeogas
O Faiado de Nin visitou a nosa biblioteca cunha proposta que gustou a todas as persoas asistentes.
Neste obradoiro, elaboramos os nosos propios bonecos de trapo.
Cada nena e cada neno deseñou a vestimenta do boneco, debuxoulle a cara, elixiu o pelo que quería que tivese,…
Unha vez rematados, xogamos todos xuntos, inventando historias e aventuras para todos os personaxes que naceron ese día na nosa biblioteca.






