CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE QUIROGA
O pasado día 24 a Biblioteca Municipal de Quiroga celebrou o Día das Bibliotecas en colaboración co IES  Quiroga. Visitaron as nosas instalacións alumnos/alumnas de 1º e 2º da ESO. Logo do percorrido pola Biblioteca participaron na actividade ” BIBLIOCANTA”, a cargo de EUVÍA XESTIÓN CULTURAL. Foi unha actividade participativa e dinámica na que se puxo de manifesto  a importancia de manter viva a  tradición oral . 







