“Dada, a trasna” na Biblioteca Pública Municipal Nicolasa Añón de Outes
O martes 28 de outubro recibimos a Patricia Martínez co seu contacontos: “Dada, a trasna”. Deleitounos cun repertorio de contos marabillosos como: o gato “Micifú”, o “Lobo feroz” e a nena “Nina” de Burkina Faso; que traballan diferentes valores como a convivencia, a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo.
Tarde moi divertida e participativa onde os nenos e nenas, máis os seus pais e nais, pasárono en grande.






Séguenos