A BPM Mugardos…coas mans na masa!
![DSC_0027[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/03/DSC_00271-300x169.jpg)
Os pequenos e pequenas soltaron a súa imaxinación modelando con miga de pan a Pepiño e a Maruxa, personaxes do conto Coas mans na masa, da editora OQO, que interpretaron previamente. Un bo rato no que os nenos e nenas participaron activamente, experimentanto, mesturando, probando, tocando…sen perder o fío do conto.




