“CONTO CONTIGO” NA AXENCIA DE LECTURA DE XINZO (PONTEAREAS)
Dentro das actividades que leva a cabo neste mes a Biblioteca Municipal e as Axencias de Lectura de Ponteareas polo Día Internacional do Libro, na Axencia de Lectura de Xinzo tivemos a actividade “Conto contigo” de Manuel Solla Barragáns.

O salón de actos acolleu arredor de 100 nenos do CRA A PICARAÑA, con idades entre os 3 e 5 anos que escoitaron e participaron da narración dun conto moi divertido dunha princesa que non tiña parella para o baile.
A actividade resultou moi entretida e participativa.





