“Stop-motion” na Biblioteca – Biblioteca José Saramago – CSC As Fontiñas – Santiago de Compostela
Por medio da técnica de animación denominada “StopMotion”, os nenos e nenas conectan co mundo da literatura e do cinema:
O primeiro día elixiron a historia que ían contar buscando nos libros da biblioteca e inventando tamén parte da historia.
O segundo día adicáronse a crear as personaxes con plastilina, cartolina, etc. Na seguinte sesión crearon os escenarios da historia. Por último fixeron as fotografías e engadiron os sons do conto.
Unha actividade moi completa e entretida¡