Maxia e humor. Entre libros anda a maxia na ALM de Ribadetea
O pasado 3 de abril LEO LEÍÑO visitou a Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea (Ponteareas) coa actividade “Maxia e humor. Entre libros anda a maxia” co motivo da celebración do día do Libro Infantil e Xuvenil. Tivemos chamas das que saíu un coello, libros encantados… Tanto os nenos coma os grandes gozaron dos diversos números xuntando a maxia coas risas, a ilusión ca diversión… Os nenos prestáronse encantados como axudantes de maga para realizar algúns trucos: a fonte, o abano…
Todo isto fixo un grande espectáculo de maxia, mesturado esquisitamente coa dramatización e a música, da man sempre tan profesional de Leo Leíño.





