Cantamos un conto? na Biblioteca de Darbo

O mércores 7 de Xuño Luís Vallecillo visitounos co seu espectáculo Cantamos un conto?. Cancións pegadizas e con moito ritmo que engaiolaron ó público dende o primeiro momento. Xan sen medo, Os tres porquiños ou A galiña azul foron algúns dos temas interpretados. Nenos e maiores pasamos un rato moi divertido entre contos e música.




