“O Xigante” a cargo da compañía Elefante Elegante na B.P.M. “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros)
O venres, 27 de outubro, tivemos o pracer de acoller o espectáculo “O Xigante”, a cargo da compañía Elefante Elegante, na biblioteca de Mera (Oleiros).
Pequenos e maiores permaneceron atentos á historia excelentemente narrada e interpretada por Gonçalo Guerreiro e na que destacou tamén a constante presencia da música.





