Obradoiro de teatros de papel pola compañía Juste Kamishibai, papel e teatro

A Biblioteca Municipal de Valga acolleu esta mañá un Aobradoiro de creación de teatros de papel, organizado polas bibliotecas municipais e impartido pola compañía Juste Kamishibai, papel e teatro.
A actividade foi continuación da sesión de contos que tivo lugar a semana pasada no Auditorio, e na que os rapaces asistentes descubriron a técnica pop-up, o kamishibai tradicional xaponés e a narrativa ilustrada do emaki.
Hoxe construíron a maqueta dun teatro clásico coa técnica de varilla vertical, empregando papel e cartolinas. Crearon tamén diferentes escenarios e personaxes a partir de lecturas ou
botándolle imaxinación coa invención de historias propias.




