O MAGO DEIMI VISITA A BIBLIOTECA DE MONFORTE DE LEMOS
O xoves 27 de setembro o mago Deimi visitou a biblioteca de Monforte de Lemos para contarlles aos nenos e nenas que se atopaban na mesma que “A maxia está nos libros”. Durante 60 minutos realizou números de maxia que deixaron aos rapaces coa boca aberta. A actividade tivo música, humor, sorpresa e conectou cun público encantado de participar nos distintos números que lles propuxo o artista.
Participaros 140 nenos e nenas que quedaron con moitas ganas

de volver.




