Un banquete con moito conto!
O martes 2 de outubro, a mans de Andamiaxe, visitaron a biblioteca de Vilalonga en Sanxenxo. Gozamos dunha actividade moi apetitosa: “un banquete con moito conto”, onde os comensais gozaron dos deliciosos pratos preparados por eles mesmos. No momento da finalización, pagaron a factura moi satisfeitos co servizo prestado, expresando a súa intención de repetir a velada cunha nova visita á biblioteca.






