COCIÑA INFANTIL E FAMILIAR para os usuarios da biblioteca de Sober
O martes 16 de xullo , nas instalacións da piscina municipal de Sober tivemos un obradoiro de cociña infantil e familiar impartida polos cociñeiros e mestres “chef” da Escola de Hostelería de Rosende, David Cidre e Miguel A. Caruncho. Despois duns consellos previos ( lavar as mans) os nenos e nenas puxéronse coas mans na masa para elaborar galletas e facer un boliño de pan cocido no forno eléctrico desta cociña improvisada de verán.







