Festexamos o Día da Biblioteca en Carballo
Hoxe, no Día Internacional da Biblioteca, fixemos unha festa. Maria Faltri visitóunos coa súa bibliodiscoteca itinerante cargada cunha boa lista de reproducción de música en galego, una selección dos mellores temas que se publican cada ano. Foi unha gran festa, na cal nos divertimos, cantamos, nos disfrazamos e bailamos. Perrucas, instrumentos, pompóns, e sobre todo moita empatía.
Grazas a tod@s por acompañarnos neste día tan especial e tamén dar as grazas a María Faltri por facernos cantar, bailar e rir coa súa bibliodiscoteca, actividade de animación á lectura que aparece no programa de actividades Ler conta moito.





