Estrelas e letras con Estíbaliz Espinosa en Lalín
O pasado sábado 20 de outubro, grandes e pequenos/as puideron gozar do obradoiro impartido por Estíbaliz Espinosa na biblioteca “Varela Jácome” de Lalín. A Vía Láctea, os planetas do sistema solar, Rosalía de Castro, haikus, as constelacións… Poesía e astronomía uníronse nesta actividade na que, ademais, nenos e nenas puideron deixar fluír a súa imaxinación e curiosidade.





